INICIO CAMBADOS FEFIÑANS SAN TOME CASTRELO A PASTORA VILARIÑO O RUAR VOSAS FOTOS LIBRO VISITAS SITIOS INTERESE

 

 

   Cantas historias sairían á luz se? o lixo falara,verdade?
Cantos retrincos de vidasi nos poderían relatar unha morea de residuos orgánicos,un par de ferros ou un feixe de plástico queimado.
Serían quen de contarnos sobre o pasado,sobre unha historia pretérita. Detrás dun monte de pólas ciscadas,hai un home que as arrincou,polo tanto unha vida,unha historia.
A machada que permanece cravada no tocón de madeira,tivo un dono.Problamente un home que apañaba leña pra o inverno.
Unha madeira que alimentaría o lume dunha lareira eterna,berce de contos e antigas lendas. Esta imaxe da machada abandonada,non é máis que a analoxía do que vén a acontecer na vida das persoas.
Cando tes unha utilidade e produces un beneficio manteste no círculo activo da vida,agora ben,cando deixas de ser útil ficas no exilio da incapacidade e a compaixón.

APARIZ CHAVES.