INICIO CAMBADOS FEFIÑANS SAN TOME CASTRELO A PASTORA VILARIÑO O RUAR VOSAS FOTOS LIBRO VISITAS SITIOS INTERESE

 

 

A TORRE

Fíxolle mofa ás nubes dende arriba
e rachou o ceo cun cume infinito.
Intimidou ós paxaros con face de pedra
tusiu impía contra o mar florido.
É a torre dos soños e as lendas
nai de cantigas e xestas.

Apariz Chaves


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

can

O dono está fora,mais o fogar permanece impenetrable e inaccesible para calquer visitante extraño.Un cerbeiro de maltreita estrutura,coxeira e nobres intencións, garda con aficamento a porta.
Os segundos esvaran polo seu pelexo,a súa posición vixiante non varía co avance das agullas do reloxo.
Coma se unha cadea de etéreas propiedades o estivese a amarrar contra a superficie da Terra,fica quedo;cun peculiar aire de inxenuidade nos seus ollos mouros e un rasguear baixo as súas gadoupas.


APARIZ CHAVES

 

 

 

 

En que cavila o gato preguiceiro?
Se cadra,vive axeno ao tempo e a distancia,tal vez pra el só exista o alféizar da fiestra e unha conversa.
Unhas verbas inaudibles e inestables coma a brisa,unhas palabras percibidas por un oínte vexetal. Unha pranta,que coma o gato,se limita a observar dende a ventá ós transeúntes que camiñan ledos polas rúas.
Dous espectadores sentados no mesmo patio de butacas que presencian un filme chamado San Tomé.
Apariz Chaves.

o gato

 

O vento brúa e viaxa incesante por todo o peirao.Os barcos,amarrados, interpretan a súa particular danza:un vaivén tristeiro ó ritmo do mar que permanece maino. O silencio que envolve o lugar só é estragado polo fachendoso graznido das gaivotas e o bater das olas na implacable pedra.Un ambiente de quietude e serenidade é patente ó caron da salinidade e o son queixoso das naves. A mente narcotizada polo cheiro do aire marítimo e a visión do ronsel dos muxes,viaxa máis aló das direccións da roseta e do tempo;e tórnase en barco,en vento...
Apariz Chaves

san tome

 

 

 

san tome

UN MAR SEN MANCHA

 

A luz aboia no auga.Mentres,os mariñeiros durmen.

A noite vixía na popa e na proa.Mentres,os mariñeiros durmen.

O ceo convértese en mar e o mar en ceo.Mentres,os mariñeiros durmen.

O mar vólvese pulcro e sen mancha.Mentres,os mariñeiros soñan...


Apariz Chaves

 

 

 

 

 

 

As inquedanzas nosas
que lonxanas semellan,verdade?
Todas elas finaron nas ondas,
levadas polo queixume do mar.
Todas elas nun cadaleito,
esquecidas nun ventre de sal.


Apariz Chaves

san tome