PLAZA.

INICIO CAMBADOS FEFIÑANS SAN TOME CASTRELO A PASTORA VILARIÑO O RUAR VOSAS FOTOS LIBRO VISITAS SITIOS INTERESE

 

 

Bucólicas paisaxes forman o cadro de Cambados.Distintos marcos cheos de matices e detalles;todos eles moi variopintos,distintos.Dende a quilla dun barco que descansa na praia,ata a fachada do máis monumental dos edificios. O mar tranquilo e manso que baña a costa baixa e areosa,é fonte inesgotable de recursos e estimulos para o ávido ollo do fotógrafo.Dotando as imaxes do forte sentimentalismo e serenidade,que só é capaz de proporcionar o manto salgado. Sen embargo,a paisaxe costeira non remata co naturalismo do mar,o ceo e a area;senón que se mestura coa "man do home",cos aparellos e apeiros de pesca, os barcos e as gamelas.Ofrecendo así,unha estampa híbrida,unha mezcla entre o natural e o artificial;unha harmonia perfecta entre o barco e a gaivota.

APARIZ CHAVES

 

 

As Costureiras

 

O rumor metálico das tesoiras e o ruxido das máquinas de coser supoñen a música coral dun cuarto.
Unhas mans brancas cubertas por un pel fino,pequerrechas e incansables;entumecidas polo
frío invernal,quizais vivas e mornas por dentro,suxeitan unha agulla.
Unhas mulleriñas perdidas entre retales e fíos longos coma unha vida, traballan a eito,dando puntadas e argallando novas prendas nas que coser.Mais os seus maxíns van máis aló de catro paredes,as súas olladas buscan no encerro o menor atisbo de mundo exterior.A necesidade de saber e contar está grabado a lume nos seus miolos, tanto como o arte da costura.
A porta entreaberta é válvula de escape para as súas mentes colapsadas de traballo.Ofrécelles a posibilidade de ver pasar unha película de xentíos e forasteiros,individuos que posteriormente serían sometidos a súa satíra e crítica áceda.Góstaballes falar da xente, non era unha actividade malintencionada,máis ben era unha maneira de pasar o tempo sen ser posuídas polo aburrimento.En cada descoñecido vían un elemento sobre o que elaborar unha vida ,unha ficción e dar renda solta á súa incasable imaxinación.
Así transcurría o tempo na vida das mulleriñas costureiras,sen anacronías e sen sobresaltos.

Apariz Chaves

 

 

 

De se traduciren os cheiros en sons,o arrecendo do café non sería precisamente un ledo miañar de violín.Estariamos a falar dun berro compacto,sen fisuras.Dunha música amarga e poderosa,semellante a esas melodías que interpretan cantautores de cigarro,en locais de aire viciado.
Un canto profundo e mesmo estremecedor,con voces graves e masculinas.
Se houbera que encandrar todo isto baixo un xénero musical,a música interpretada polos grans morenos do café sería un sincretismo entre bongos animosos de matices tropicais e estridentes guitarras eléctricas das bandas de rock urbanas.
Este éxtase musical sería harmonizado polo tacto frío e silandeiro da porcelana,que afogaría o ruído e as notas perdidas.

Apariz Chaves

 

AS SOMBRAS ESPERAN NO OLVIDO

O sol xa non queima
a tona do mar florido.
Non agariman as raiolas
os rochedos en penumbra.
Non sostén o ceo eterno
o seu cromatismo.
As cores esvaran
as sombras esperan no olvido,
non se demora a noite
que flúe coma un río

Apariz Chaves .

 

 

 

 

 

 

POSTA

 

 

RICON CONGOSTRA

FEFIÑANS

 

 

Camiña con aire meditabundo,apoiando as mans nas paredes para manter a verticalidade.Con andares paquidermicos desplaza o seu corpo case inerte polo caleixón.
As súas pernas xa non soportan nin o leve peso do aire,os párpados son coma pesadas laxes que sepultan a súa ollada.
Chegou o inverno para a feble margarida.
Fica axeonllado no chan,coas bágoas golpeando o pavimento,todo devorado por unha sombra gris.
De socate,o sol empeza a poñerse no seu corazón,a súa ánima escorrégalle por entre os dedos.A morte acude á súa cita na terra dos vivos.
Unha especie de electricidade lle percorre o corpo,séntese máis lixeiro,coma se tivese ás.Sen dúbida,estaba morto.Mais abriu os ollos.Seguía a estar no mesmo caleixón.
Perdido,sen norte.As barreiras entre a alucinación e a realidade son difusas.
Na súa desorientación ,de repente, atopa un guía;unha luz salgada.O mar.

Apariz Chaves