INICIO CAMBADOS FEFIÑANS SAN TOME CASTRELO A PASTORA VILARIÑO O RUAR VOSAS FOTOS LIBRO VISITAS SITIOS INTERESE

 

 

 

ponte

 

A PONTE DE CASTRELO

A gorxa monumental dunha deidade de pedra,o lacrimal colosal dun xigante de rocha.
O esbagoar constante de auga atravesa un ollo avizor,un vixía que observa dende a máis afundida das perspectivas.
O tempo pasa embaixo da ponte,pero de algunha maneira os segundos amosan a súa faciana máis preguiceira e estática so a pedra.
Unha paz inusual brota baixo o resgardo da construción,un rumor de quietude e silencio.

Apariz Chaves

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

De todos é sabido que o barco para o mariñeiro é algo máis que un útil de traballo ou unha ferramenta,significa algo máis profundo.Supón unha peza indispensable no crebacabezas da vida levada lonxe das apertas da terra e a seguridade do chan.O barco é o veículo dos soños e as esperanzas silandeiras que foxen lonxe do porto.É a cáscara de noz que escorrega na incertidumbre do mar co obxectivo de atoparse así mesma. Velaquí tendes esperanzas mortas,soños esnaquizados...A madeira crebada e os ferros entrecrúzanse funestamente,os "cadáveres" das embarcacións chían tristeiramente e piden ao ceo volver tocar auga salgada. As naves interpretan o canto do cisne e os corazóns dos seus mariñeiros choran,se cadra,de algunha maneira deixan de latexar e afúndense para sempre no fondo do mar,mar no que deixou de escorregar a cáscara de noz.

Apariz Chaves