INICIO CAMBADOS FEFIÑANS SAN TOME CASTRELO A PASTORA VILARIÑO O RUAR VOSAS FOTOS LIBRO VISITAS SITIOS INTERESE

 

 

 

 

 

 

 

 

paseo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enxuga-la face e limpa-la suciedade que se acumula tras un longo camiño,afrouxa-los amallós e descansar os pés.

Deixar que se perdan no auga tódolos malos pensamentos arrastrados.

Afoga-las inquedanzas,beber e satiface-la sede que non che deixa seguir coa viaxe.

Nacer do auga,retoma-lo sendeiro e morrer.


Apariz Chaves

 

 

 

german

 

A taberna Xermán é máis ca un local no que gasta-lo tempo de ocio,se cadra,goza dun significado máis fondo ca o dun negocio.
O obxectivo principal non é o beneficio.Non está rexido polas leis da oferta e a demanda,non existen clientes ou consumidores,senón amigos.
É un segundo fogar,un teito familiar baixo o que gardarse da choiva e gorentar un bo viño.De feito,os pilares básicos e inamovibles do bar son os da cultura vinícola:o traballo embaixo da parra,trafegos e choios ó pé do barril...todo o que vai confluír nun líquido dourado máis digno para os deuses que para o padal duns simples mortais.
Máis aló do culinario,a taberna vén a representar unha especie de nexo entre cambadeses de tódolos recunchos.Facianas que día a día se atopan, movidas polo mesmo patrón de conducta ou por un corazón coas mesmas inquietudes.
As fins de semana,durante a xornada futbolística,o bar amosa outra face ben distinta.O ambiente está tinguido polas cores dos distintos equipos,a competición deportiva pode respirarse mesturada co fume e o aire viciado da estancia.Todos reunidos en fronte dunha pantalla,todos mastigando a mesma verba,todos cavilando nun mesmo significante:gol.Celebracións, euforia.Algunhas tardes son brancas e outras blaugranas,ás veces branquiazuis e outras,as menos,azul ceo;todas distintas,pero todas en boa compaña.

Apariz Chaves

 

 

 

 

 

 

POSTA DO SOL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tempo que seca nas ondas do mar,
brisa que morre,chanzos de sal.
No alto dos cirros,tende unha man
o ceo que medra e avanza ata o chan.
Abanico de xentío que vai e ven,
caixa de lápis de cores varidas
brisa que viaxa nos canles do tempo
o porto,o mar e o vento.


Apariz Chaves

 

 

 

o arbol

En cada folla escrita
con maña e disimulo,
anacos de tempo,
un clamor e un murmullo.

Espectador de anos mortos
que garda con cautela,
sangue e segredos
na cortiza e na terra.

Presidindo cerimonias,
Enlaces e bautismos
Coas pólas sobrevoando
o branco dun vestido.

O vento impío arrebatou,
á terra morna o seu fillo.
Un árbore arrincado
coma quen arrinca un figo.


Apariz Chaves

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O zoar do vento pérdese na algazara case festiva do mercado.
Os compradores deslízanse entre os postos na búsqueda dun produto sen nome,unha compra que satisfaga as necesidades case patolóxicas de mercar bo,bonito e barato.
Mentres,a choiva amenaza con estragar a xornada e mollar as inquedanzas dos vendedores. As primeiras pingas empezan a repenicar na lona e numerosos paraugas fan aparicion abríndose cun son xordo. Sen embargo,algunhas persoas obstinadas seguen paseando a súas miradas polos distintas prendas e artigos, intercambiando verbas triviais cos seus acompañantes e sacudindo a humidade dos seus ombreiros. Os berros dos vendedores quebran o ar.O volume poderoso das súas verbas pérdese por entre as copas das árbores e faise audible pra calquera viandante.
Preto de alí un neno rebuldeiro anda a xogar nas pozas e a enredar cun trebello que seguramente lle mercou a súa nai.Muller que vixía dende a distancia ó seu rapaz mentres busca con efusividade por entre os montes de roupa.A búsqueda é feroz,só comparable á do Santo Graal en tempos do Rei Arthur.Os minutos avanzan de forma implacable e a muller non da atopado o seu particular trofeo.Finalmente,un pouco incomodada pola chuvia, e un chisco influenciada polo seu fillo que xa fica canso,decide abandona-la súa ardua empresa e marchar.
En definitiva, é un día gris e tristeiro.O mar permanece estático e sen vida,semella inerte.O outro tapiz -o ceo-tampouco luce os seus debuxos máis ledos e coridos,se cadra algún pardal despistado ou unha gaivota famenta lle otorga algo de dinamismo,pero nada máis lonxe da realidade.Incluso poderiamos dicir que os dous grandes mantos chegan a mimetizarse,non resultando un galimatías falar de que as gamelas aboian no ceo e as nubes salpican o auga. Hoxe, mar e ceo son o mesmo. Melancolía virtuosamente ilustrada polo pincel da natureza,dunha natureza embravecida.

Apariz Chaves.

mercado

 

É tempo de respira-lo dogma. Unha velliña que se acha na porta,entra de vagar murmurando e rosmando sons aínda máis febles que o ar.

Por riba dos seus miolos pódese ollar un halo de fe,crenzas de orixe irracional e incluso supersticioso que non teñen unha laxe lóxica na que apoiarse.

Mira ao teito tentando atravesar coa súa ollada as barreiras da pedra e chegar deica o ceo.No habítaculo tan só ela e o seu dogma.

Ergue a mirada,outra vez,e agradece a súa sorte á divina providencia.Endexamais fica soa,sempre baixo o parasol da fe.


APARIZ CHAVES

 

capela

 

 

 

 

 

 

O MUIÑOa manan